Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Papelera de Brandía, S.A. para a planta de fabricación de papel e embalaxes que se localiza en Santiago de Compostela (expediente 2016-IPPC-M-0093).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión da autorización ambiental integrada.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do dito real decreto, faise público que, por espazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico para a revisión da autorización ambiental integrada da Papelera de Brandía, S.A. en Santiago de Compostela (A Coruña). Novembro 2017. Ed. 1.

– Resumo non técnico. Proxecto básico para a revisión da autorización ambiental integrada da Papelera de Brandía, S.A. en Santiago de Compostela (A Coruña). Novembro 2017. Ed. 1.

Calquera interesado pode consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2016-IPPC-M-0093.

Núm. de autorización ambiental integrada: 2006/0348_NAA/IPPC_126.

Categoría actividade: 6.1.b) (instalacións industriais dedicadas á fabricación de papel e cartón cunha capacidade de produción de máis de 20 toneladas diarias).

Titular: Papelera de Brandía, S.A.

CIF: A15007727.

Enderezo: Paseo da Amaia, 2, Vidán, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Actividade principal: fabricación de papel e embalaxes.

Descrición: a planta fabrica, comercializa e vende papel kraft branco/cores MG (machine-glazed) satinado a unha cara, coa posibilidade de producir un amplo rango de gramaxes e con diferentes acabados para o seu procesado, impresión ou transformación industrial.

Verteduras: todas as augas residuais se conducen ata unha depuradora propia para o seu tratamento previo á vertedura ao río Sar.