Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14307

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018 pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 135, do 16 de xullo), recolle, no artigo 3, a composición e réxime de elección dos seus membros e no artigo 5 o nomeamento destes pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, á Administración turística autonómica no prazo máximo dun mes, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

Mediante Resolución do 20 de marzo foron nomeados os membros do Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo). Unha vez nomeados os membros, a organización sindical CIG realizou unha proposta de substitución destes, e comunicou unha nova vogal titular e un vogal suplente para a súa representación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Separar como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– Fernando Acuña Rúa, como membro titular en representación da CIG, e como suplente Roberto Alonso Iglesias.

Segundo. Nomear como membros do Consello do Turismo de Galicia a:

– María del Tránsito Fernández Fernández, como membro titular en representación da CIG, e como suplente a Miguel Ángel Malvido Cabirto.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia