Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 de dita lei, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución inicial e folla de valoración inicial no procedemento de retroacción parcial do expediente expropiatorio da PLISAN, para a inclusión dos recursos mineiros e valoración do solo non urbanizable de núcleo rural.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, con enderezo na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Persoas interesadas

Expediente

Acto notificado

Alonso González, Mª Celia

5605-B

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Alonso Rocha, Leandro

4019, 4067, 4313, 4636, 4637, 4695, 4700, 5527

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Antes Rodríguez, Francisco

4441-B, 4479-A, 4777-A

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Boente Rodríguez, Montserrat

4279, 4955

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

García Estévez, Clemente José

4892, 4949, 4865-A

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Iglesias Rodríguez, Clotilde

5507

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Novoa Lamas, Cecilia

4003, 5145

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Novoa Lamas, Mª del Carmen

4002

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Rocha Estévez, Ángel e Rodríguez Rodríguez, Cecilia

5139, 4801-I, 4895-A, 5536-A

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Rodríguez Domínguez, Isolina

5144

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Rodríguez Francisco, Herminia

4184, 5695

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración

Steve Steve, José

4745

Resolución inicial predios MI

Folla de valoración