Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14265

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación, mediante procedemento aberto, do servizo de alugamento dos equipos de son, equipamentos de iluminación, de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas Festas de Ourense 2018.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: servizo de contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

d) Número de expediente: 2018005100 (ref. 2492).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas Festas de Ourense 2018 (lote 1: Praza Maior. Lote 2: Xardín do Posío. Lote 3: Praza do Ferro. Lote 4: Praza San Martiño).

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato comezará coa súa sinatura e terminará o día sinalado para cada un dos lotes, debendo estar os escenarios completamente desinstalados o 1 de xullo.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 51313000-9 (servizos de instalación de equipamento de son), 51314000-6 (servizos de instalación de equipamento de vídeo), 92370000-5 (técnico de son), 32342410-9 (equipamento de son).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 100 puntos

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 43.800 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: lote 1: 22.800 euros, lote 2: 11.000 euros, lote 3: 4.000 euros, lote 4: 6.000 euros. IVE: lote 1: 4.788 euros, lote 2: 2.310 euros, lote 3: 840 euros, lote 4: 1.260 euros. Importe total: lote 1: 27.588 euros, lote 2: 13.310 euros, lote 3: 4.840 euros, lote 4: 7.260 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es.

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de marzo de 2018

Jesús Vázquez Abad
Alcalde