Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de corrección de erros na convocatoria da obra de pista polideportiva cuberta no CEIP de Nantes.

Publicada a convocatoria para a contratación da obra da pista polideportiva cuberta no CEIP de Nantes, detéctase o seguinte erro no punto 11 do anuncio de licitación referente ao prazo de presentación de proposicións: «As proposicións presentaranse (...) dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados». Este prazo é incorrecto e debe ser non de 15 días naturais senón de 26 días naturais.

Sanxenxo, 2 de marzo de 2018

Telmo Martín González
Alcalde presidente