Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación para explotación de bar en Portocelo.

De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno local do 31 de xaneiro de 2018, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato administrativo especial de explotación do servizo de bar-restaurante no edificio público municipal situado na praia de Portocelo, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación:

1º. Dependencia: Servizo de Secretaría.

2º. Domicilio: avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín (Pontevedra).

3º. Teléfono: 986 88 03 00.

4º. Fax: 986 88 20 13.

5º. Correo electrónico: contratos@concellodemarin.es

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodemarin.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais desde a data da última publicación (BOP e DOG).

d) Número de expediente: 462/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: prestación do servizo de bar-restaurante no edificio público municipal situado na praia de Portocelo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución.

1º. Domicilio: praia de Portocelo.

2º. Localidade e código postal: Marín 36900.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: si, ata un máximo de dous anos máis.

g) CPV: 55100000-1 Servizos de hostalaría.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación.

Canon (0-70 puntos).

Memoria de desenvolvemento do servizo (0-30 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 11.781,60 €.

5. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira. Poderá acreditarse mediante:

– Volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, que sexa superior a unha vez e media o valor anual medio do contrato, que ascende a 4.418,10 €.

– Patrimonio neto, ou ben ratio entre activos e pasivos, ao peche do último exercicio económico para o que estea vencida a obriga de aprobación de contas anuais, por importe igual ou superior a 4.418,10 €.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a xustificación da experiencia na realización de traballos do mesmo tipo ou natureza que o que corresponde ao obxecto do contrato e que o importe anual acumulado no ano de maior execución dos últimos cinco anos sexa igual ou maior ou superior á anualidade medida do contrato, que neste caso é 2.945,40 €.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, desde o seguinte ao da última das publicacións do anuncio (DOG, BOPPO ou perfil do contratante).

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo, con anuncio previo ao órgano de contratación.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Concello de Marín.

Domicilio: avenida de Ourense, s/n.

Localidade e código postal: Marín 36900.

Enderezo electrónico: contratos@concellodemarin.es

d) Admisión de variantes: non.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: mesa para a apertura do sobre B.

b) Enderezo: Casa do Concello, sita na avenida de Ourense, s/n.

c) Localidade e código postal: Marín 36900.

d) Data e hora: anunciarase previamente no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata o importe máximo de 1.000 €.

Marín, 5 de febreiro de 2018

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta