Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente, documentalmente simplificado, para o servizo de realización dos labores de determinación da humidade de combustibles forestais no proxecto Civil UAVs Initiative (expediente SE 2/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de realización dos labores de determinación da humidade de combustibles forestais no proxecto Civil UAVs Initiative.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: indicado nos pregos de contratación.

e) Prazo de execución: sete (7) meses desde o asinamento.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 71900000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recogidos no cadro de criterios de adxudicación do contrato do cadro de características.

4. Orzamento de licitación.

Importe excluído o IVE: 30.014,15 €, IVE (21 %): 6.302,97 €. Importe total: 36.317,12 €.

Valor estimado: 30.014,15 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Técnica do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

b) Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña).

c) Teléfonos: 881 99 72 76.

d) Telefax: 981 54 66 76.

e) Correo electrónico: ingacal@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.30 horas. Información en http://www.contratosdegalicia.es/

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos cinco (5) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro do Instituto Galego da Calidade Alimentaria. Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax o fax (981 54 66 76), ou ben ao enderezo electrónico ingacal@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obligado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Domicilio: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público e indicarase na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

11. Gastos de publicidade: serán por cuenta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria