Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14283

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo para a realización de labores de xardineria e mantemento de mobiliario e elementos construtivos en tres zonas verdes propiedade da Deputación (Arnoia, Leiro e Maceda).

No perfil de contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación do servizo para a realización de labores de xardinería e mantemento de mobiliario e elementos construtivos en tres zonas verdes propiedade da Deputación (Arnoia, Leiro e Maceda), cun gasto autorizado de 110.640,50 euros (IVE excluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que se poderá acceder gratuitamente a través do perfil de contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente (988 31 75 40) perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se consideren procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contado ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 26 de febreiro de 2018

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense