Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación para a contratación da xestión de servizos públicos, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do spa viñoterapia anexo ao mosteiro de Leiro, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

Descrición do obxecto: concesión para a explotación de forma integral do spa viñoterapia anexo ao mosteiro de Leiro (Ourense).

Prazo de execución: desde o 1 de maio de 2018 ata o 31 de decembro de 2024. No caso de que o contrato se formalice con posterioridade a esa data, o prazo de execución comezará o día seguinte ao da súa sinatura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado do contrato: 1.873.452,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do canon pola duración da concesión, estimado en 21.600 €, polo que a garantía se establece en 1.080,00 €.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=285808.

Información de índole técnica; teléfono 881 99 60 68.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 63 85.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se exixe clasificación.

Solvencia económica e financeira, técnica e profesional: deberanse xustificar polos medios sinalados na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia; estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia