Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería (expediente ED-DXEFPIE-03/18 SE).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

c) Número de expediente: ED-DXEFPIE-03/18 SE.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento de actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria matriculados en centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) División por lotes e número: lote único.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate das actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 28 de decembro de 2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo: o valor estimado do contrato é de 450.000,00 euros (IVE excluído). IVE: 94.500,00 euros. Importe total: 544.500,00 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 95 75 38.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=286892.

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres 2 e 3 publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa