Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de control de calidade da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-18-037).

missing image file

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación do servizo de control de calidade da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1.

3. Número de expediente: AB-SER3-18-037.

4. Clasificación CPA: 71.20. Clasificación CPV: 71600000.

5. Valor estimado: 32.024,54 €.

6. Orzamento total sen IVE: 32.024,54 €.

7. Orzamento total con IVE: 38.749,69 €.

8. Prazo de execución do proxecto: conforme a oferta do adxudicatario da obra de construción. Véxase a cláusula 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: non se exixe. Véxase a cláusula 4.3 do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase as cláusulas 6.5.3.e) e 6.5.3.f) do PCAP.

c) Compromiso de medios persoais: véxase as cláusulas 6.5.3.f), g) e h) do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP.

17. Criterios de valoración: oferta económica ata 100 puntos. Véxase a cláusula 6.4 do PCAP.

18. Apertura de proposicións: o acto público de apertura dos sobres B terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación. Véxase a cláusula 3.3 do PCAP.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos