Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2018 Páx. 14240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-18-034).

missing image file

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1

3. Número de expediente: AB-SER3-18-034.

4. Clasificación CPA: F-41.00.40. Clasificación CPV: 45262700-8.

5. Valor estimado: 3.991.340,30 €.

6. Orzamento total sen IVE: 3.991.340,30 €.

7. Orzamento total con IVE: 4.829.521,76 €.

8. Prazo de execución: dez meses e medio (10,5 meses).

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 5. Véxase a cláusula 13.I. da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do PCAP.

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o proxecto desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP.

17. Criterios de valoración: os definidos no punto 10 da folla de especificacións e no punto 4.5 do PCAP desta licitación. Criterios non avaliables de forma automática: programa de execución ata 25 puntos, memoria descritiva da proposta ata 20 puntos e coordinación dos medios humanos ata 5 puntos. Criterios avaliables de forma automática: oferta económica ata 45 puntos e incremento do prazo de garantía ata 5 puntos.

18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación. Véxase o PCAP.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos