Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13260

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2018 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación para o persoal ao servizo da Administración local de Galicia do ano 2018 que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os/as funcionarios e funcionarias da Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que se realizaron simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para realizar o proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (maternidade, discapacidade, etc.) de acordo cos criterios de selección deberanlle remitir á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). Esta documentación deberase enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberase presentar dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 54 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2018, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 16 de xaneiro (DOG núm. 19, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra G.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderase completar o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días naturais anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberanse xustificar documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

e) Seguimento das actividades impartidas na modalidade mixta:

As faltas de asistencia nas horas presenciais da actividade non poderán superar o 10 % da duración desta. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría na parte de teleformación da actividade pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación, na mixta, como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

No anexo II desta convocatoria figuran as probas de avaliación previstas, así como as datas e horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das posibles modificacións das datas e das horas da proba final.

Oitava. Certificados

Para obter o certificado de aproveitamento o alumnado deberá acadar a avaliación positiva do seu profesorado, quen emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Valoración

Destinatarios/as

Localidade/
Modalidade

Datas

Data da proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO18003

Aplicación dos sistemas de información xeográfica no ámbito local

25

25

Aproveitamento

----

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago

2.4.2018

13.4.2018

13.4.2018

19.30 h

16.30 a 20.30 h

LO18004

As intervencións administrativas en materia de urbanismo

30

30

Aproveitamento

Estatal: 0,45

Autonómica: 0,30

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago

15.10.2018 25.10.2018

25.10.2018

18.30 h

16.30 a 20.30 h

LO18005

As relacións de postos de traballo na Administración local

30

25

Aproveitamento

Estatal: 0,50 Autonómica: 0,30

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

Santiago

12.11.2018 21.11.2018

21.11.2018

18.30 h

16.30 a 20.30 h

LO18006

Auditoría no sector público local

25

15

Aproveitamento

Estatal: 0,50

– Persoal funcionario con habilitación nacional.

– Persoal funcionario da escala de Administración xeral das entidades locais que desenvolva os seus posto na área da Intervención.

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago

2.4.2018

18.4.2018

18.4.2018

18.30 h

16.30 a 19.30 h

LO18007

Contabilidade pública local. Nivel I

25

20

Aproveitamento

Estatal: 0,50

– Persoal funcionario pertencente á subescala de secretarios interventores da Administración local.

– Persoal funcionario e laboral da Administración local con competencias en materia contable.

Presencial

Santiago

7.5.2018

23.5.2018

23.5.2018

18.30 h

16.30 a 19.30 h

LO18008

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas na Administración local

50

30

Aproveitamento

Estatal: 0,50

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

22.10.2018 20.11.2018

23.11.2018

Proba de avaliación

16.30 h

LO18009

Extinción e liquidación de entes municipais. Remunicipalización dos servizos sociais

50

30

Aproveitamento

Estatal: 0,50 Autonómica: 0,30

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

22.10.2018 20.11.2018

23.11.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18010

Guías prácticas de exercicio da función interventora en pequenos e medianos concellos

35

30

Aproveitamento

Estatal: 0,55

Persoal funcionario pertencente á escala de interventores de concellos de menos de 20.000 habitantes, secretarios interventores e técnicos de servizos económicos dos subgrupos A1 e A2.

Mixto: 12 h presenciais e 18 h teleformación

10.10.2018 8.11.2018

Clases presenciais: 15, 22 e 29 de outubro e 5 de novembro das 16.30 ás 19.30

14.11.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18011

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

25.5.2018 18.6.2018

21.6.2018

Proba de avaliación

16.30 h

LO18011

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal: 0,50

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

1.10.2018 25.10.2018

30.10.2018

Proba de avaliación

17.30 h

LO18012

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Estatal: 0,50

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

3.4.2018

27.4.2018

3.5.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18012

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Estatal: 0,50

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

25.5.2018 18.6.2018

21.6.2018

Proba de avaliación

17.30 h

LO18013

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

50

20

Aproveitamento

----

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

9.4.2018

27.4.2018

3.5.2018

Proba de avaliación

16.30 h

LO18014

Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia

20

15

Aproveitamento

Estatal: 0,40

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo da Administración pública nos concellos e nas deputacións.

Presencial

Santiago

28.5.2018 25.6.2018

25.6.2018 18.30 h

16.30 a 19.30 h

LO18015

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización

50

30

Aproveitamento

Estatal: 0,50 Autonómica: 0,30

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

30.4.2018 28.5.2018

31.5.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18016

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

50

30

Aproveitamento

Estatal: 0,50

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

9.5.2018

7.6.2018

12.6.2018

Proba de avaliación

16.30 h

LO18017

Simplificación administrativa e desburocratización no ámbito local

50

30

Aproveitamento

-----

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

9.5.2018

7.6.2018

12.6.2018

Proba de avaliación

17.30 h

LO18018

Xestión de tesouraría municipal

50

30

Aproveitamento

Estatal: 0,45

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

26.9.2018 25.10.2018

30.10.2018

Proba de avaliación

16.30 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO18026

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

50

25

Aproveitamento

---

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

25.5.2018 18.6.2018

21.6.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18027

Certificado dixital

50

30

Aproveitamento

---

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

24.9.2018 23.10.2018

26.10.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18028

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

22.10.2018 20.11.2018

23.11.2018

Proba de avaliación

17.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO18019

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

50

18

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

5.10.2018 22.10.2018

26.10.2018

Proba de avaliación

16.30 h

LO18020

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

28.9.2018 22.10.2018

26.10.2018

Proba de avaliación

17.30 h

LO18021

Como deseñar presentacións eficaces

50

20

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

9.4.2018

27.4.2018

3.5.2018

Proba de avaliación

17.30 h

LO18022

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

50

30

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

9.5.2018

7.6.2018

12.6.2018

Proba de avaliación

19.00 h

LO18023

Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes que presentan deterioración

cognitiva

30

15

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago

24.4.2018 8.5.2018

8.5.2018

18.30 h

16.30 a 19.30 h

LO18024

Prevención e xestión de conflitos

50

25

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

4.5.2018

28.5.2018

31.5.2018

Proba de avaliación

17.30 h

LO18025

Técnicas elementais de arquivos

50

25

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

4.5.2018

28.5.2018

31.5.2018

Proba de avaliación

16.30 h

LO18029

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

50

15

Aproveitamento

---

– Persoal funcionario con habilitación de carácter nacional que estea prestando servizos na Administración local ou noutra Administración pública de Galicia.

– Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

10.10.2018 24.10.2018

30.10.2018

Proba de avaliación

19.00 h