Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes deste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico:contratacion@oroso.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2018/C004/000001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación (factor: prezo).

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego de claúsulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 74.412,00 euros. IVE (21 %): 15.626,52 euros. Importe total: 90.038,52 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 167.427,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 28 de febreiro de 2018

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde