Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de licitación do contrato mediante xestión indirecta, modalidade concesión, do servizo público municipal do ciclo da auga.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Laxe.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: xestión indirecta, modalidade concesión do servizo público municipal do ciclo de auga no concello de Laxe.

c) Lugar de execución: termo municipal de Laxe.

d) Prazo de execución: 21 anos.

e) Admisión de prórroga: non se admite.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

a) Valor estimado do contrato: 6.242.189,48 euros (21 anos), cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Tipo de licitación: 0,615 €/m3 auga facturada. Canon inicial e canon anual variable (ver cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría.

b) Domicilio: avda. Cesáreo Pondal, núm. 26, Laxe.

c) Localidade e código postal: Laxe, 15117.

d) Teléfono: 981 70 69 03.

e) Telefax: 981 72 80 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 13 e 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 30 días naturais, contados desde a derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 17 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Laxe.

2º. Domicilio: avda. Cesáreo Pondal, núm. 26, Laxe (A Coruña).

3º. Localidade e código postal: Laxe, 15117.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Laxe.

b) Domicilio: avda. Cesáreo Pondal, núm. 26, Laxe.

c) Localidade: Laxe.

d) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

12. Portal informático ou páxina web onde poden obterse os pregos: www.concellodelaxe.com.

Laxe, 22 de febreiro de 2018

José Manuel Mouzo Castiñeira
Alcalde