Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación por lotes do contrato de servizos denominado servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas de titularidade privada. Contratación documentalmente simplificada
(expediente PA 7/2018).

A Consellería de Política Social, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: PA 7/2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

b) Número de lotes: nove (9).

c) Lugar de execución: diversos concellos de Galicia.

d) Prazo de execución: desde o 1 de setembro de 2018 ata o 31 de agosto de 2021.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 80110000-8 servizos de ensino preescolar.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación: seis millóns seis mil euros (6.006.000,00 €), actividade exenta de IVE.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación do contrato ou da parte proporcional do dito orzamento, correspondente ás prazas das cales resulte adxudicatario/a.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica-Servizo de Xestión Económica.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 69-881 99 53 30.

e) Fax: 981 95 75 91.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusulas 5.4.6 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas do día 9 de abril de 2018.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante a apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos/das adxudicatarios/as.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283423.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social