Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de asistencia técnica para a coordinación do desenvolvemento do Plan de transporte público de Galicia–Plan de transporte á demanda e proxectos de explotación resultantes, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT4 PI04.05. OE04.05.01 (expediente 9/2018M).

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 41, do 27 de febreiro de 2018, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 11946, apartado 7, Presentación de ofertas, onde di: «a) Data límite de presentación: 13 de marzo de 2018, ás 19.00 horas», debe dicir: «a) Data límite de presentación: 14 de marzo de 2018, ás 19.00 horas».