Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13246

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 21 de febreiro de 2018 pola que se crea un ficheiro de datos de carácter persoal na Axencia Turismo de Galicia.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal e familiar. A citada lei é de aplicación aos datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, e a toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

O artigo 20.1 da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A Orde do 8 de outubro de 2014 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia Turismo de Galicia (DOG núm. 201, do 21 de outubro), ten por obxecto, respectivamente, a creación de nove ficheiros de carácter público para a Axencia Turismo de Galicia, e a supresión ou reestruturación no caso da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo dos ficheiros públicos ou privados que teñen declarados as devanditas entidades, cuxas funcións asume a Axencia.

Unha vez creados os ficheiros da Axencia, e en atención ao nivel alto das medidas de seguridade exixible en relación cos datos que poden obrar nos expedientes relacionados coa actuación da inspección turística, é preciso crear un novo ficheiro de datos de carácter persoal para a Axencia Turismo de Galicia, de conformidade co citado artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Polo tanto, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Mediante esta orde a Axencia Turismo de Galicia procede á creación dun ficheiro de datos de carácter persoal que se relaciona no anexo.

Artigo 2. Contido

No anexo desta orde recóllese a información exixida para as disposicións de creación de ficheiros no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do regulamento que a desenvolve, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal incluídos no ficheiro regulado por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo, e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas terá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable do ficheiro

A responsabilidade sobre o ficheiro creado por esta orde correspóndelle á Axencia Turismo de Galicia, ante a que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan no ficheiro.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade

O ficheiro creado por esta orde encóntrase clasificado atendendo ao disposto nos artigos 80 e seguintes do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo figura a clasificación (nivel alto) do dito ficheiro.

A persoa titular do órgano responsable do ficheiro adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, e nas súas normas de desenvolvemento.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO
Ficheiro de nova creación baixo a responsabilidade
da Axencia Turismo de Galicia

Denominación do ficheiro

Relacións coa inspección turística

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión dos procedementos e actuacións administrativas derivadas das competencias de inspección turística.

Colectivos sobre os cales se pretenden obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns/ás, residentes e representantes de entidades que manteñen relacións administrativas coa Administración xeral e co sector público autonómico de Galicia.

Procedemento de recollida de datos

Formularios en papel e electrónicos.

Procedencia dos datos

Da propia persoa interesada ou quen exerza a súa representación legal.

Entidades privadas.

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos especialmente protexidos: saúde, relixión, ideoloxía, orixe racial.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, teléfono, enderezo, sinatura.

Datos económicos financeiros e de seguros.

Datos de circunstancias sociais.

Datos académicos e profesionais.

Datos de transaccións.

Datos relativos á comisión de infraccións administrativas e penais.

Outro tipo de datos.

Sistema de tratamento

Mixto.

Comunicacións ou cesións de datos

Outros órganos ou entidades do sector público estatal, autonómico e local con competencias en materia de sanidade, en materia de consumo e en materia de etiquetaxe.

Outros órganos ou entidades do sector público local con competencias en materia de licenzas.

Outros órganos ou entidades das comunidades autónomas con competencias en materia de turismo.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén.

Órgano responsable do ficheiro

Axencia de Turismo de Galicia.

Servizos ou unidades ante os que poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Axencia de Turismo de Galicia.

Estrada Santiago-Noia Km 3, s/n.

15897 Santiago de Compostela.

Nivel do ficheiro

Alto.