Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación da obra de mellora da eficiencia enerxética nos xulgados de Chantada, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe EP4. Prioridade 4c.

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa: 981 54 45 17/981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:contratación.vicepresidencia@xunta.gal.

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279905.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2017 – OBRSE-03-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de mellora da eficiencia enerxética nos xulgados de Chantada.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: Chantada.

e) Prazo de execución: 3 meses contados desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45000000-7 e outros máis. Ver a cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: no.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 104.479,21 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 94.981,10 €.

Importe total: 114.927,14 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: a solvencia económica e financeira xustificarase segundo o indicado no punto 8.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: a solvencia técnica e profesional deberá acreditarse segundo o indicado no punto 8.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o vixésimo sexto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos y anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: a sala onde se vaia realizar indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente» terá lugar, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

O lugar, o día e a hora do segundo acto público, «Lectura do resultado da avaliación do sobre B» e da apertura do sobre C «Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza