Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2018 Páx. 13542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización dos traballos de control financeiro de varias entidades públicas da Comunidade Autónoma galega.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FAC01/2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de control financeiro de varias entidades públicas da Comunidade Autónoma galega.

c) CPV: 79212000-3.

d) Prazo de duración: estenderase desde a sinatura do contrato ata o 31.12.2018.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación (criterios cuantitativos avaliables mediante fórmulas):

• Oferta económica: ata 60 puntos.

• Traballos realizados polos técnicos que se incrementen no equipo de traballo: ata 40 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: noventa e dous mil euros (92.000,00 €), IVE excluído.

b) Desagregación por lotes (IVE excluído):

– Lote 1 (control financeiro SPI e Xestur): 18.000,00 euros.

– Lote 2 (control financeiro Seaga): 9.000,00 euros.

– Lote 3 (control financeiro Igape, Sodiga e Xesgalicia): 23.000,00 euros.

– Lote 4 (control financeiro Galaria e Fundación 061): 21.000,00 euros.

– Lote 5 (control financeiro CRTVG e Portos de Galicia): 21.000,00 euros.

c) IVE: dezanove mil trescentos vinte euros (19.320,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es.

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279170.

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/sicon/contratos.

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia:

– Económica e financeira: volume anual de negocios que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos sexa igual ou superior a unha vez e media o valor estimado do contrato do lote ou lotes a que se licita, ou seguro de indemnización por riscos profesionais con importe asegurado igual ou superior a unha vez e media o valor estimado do contrato do lote ou lotes a que se licita.

– Técnica ou profesional: ter realizados nos últimos cinco anos traballos de control financeiro e/ou auditoría pública de entidades do sector público cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % valor estimado do contrato do lote ou lotes a que se licita.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás dezanove (19.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no cadro de características do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo deberán aterse ao previsto no cadro de características do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda