Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do día 2 de febreiro de 2018, aprobou inicialmente o estudo de detalle do soar sito en Camiño da Aldea, nº 23 (Cervo), concello de Cervo, para delimitar aliñacións e rasantes para execución de garaxe, promovido por José Eugenio Lage Fernández.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado na secretaría deste concello.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Cervo, 8 de febreiro de 2018

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde