Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración sucesiva, por prezo unitario, de gasóleo tipo B exento para as embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva, por prezo unitario, de gasóleo tipo B exento para as embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo execución: 2 anos.

e) Admisión de prórroga: si, 1 ano máis.

f) CPV: 09134000 e 09134100.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: indicado na letra M do cadro de características do PCAP.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 212.258,06 €. Importe IVE: (21 %): 44.574,19 €. Importe total: 256.832,25 €.

Valor estimado: 413.903,22 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Mar.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras I e J do cadro de características do PCAP.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas e consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=269986

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 27 de marzo de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: 10 de abril de 2018, ás 12.00 horas, apertura dos sobres B (oferta económica).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15.2.2018.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG nº 180, do 21 setembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar