Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12903

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro do 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril do 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co diposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 11 de abril do 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa: Iniciativa Xove. Subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, cuxa resolución corresponde á xefa territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, segundo o disposto na disposición adicional terceira da Orde do 11 de abril do 2017.

Crédito orzamentario: 24.000,00 € (vinte e catro mil euros), para o ámbito provincial. Crédito orzamentario total da convocatoria 545.161.57 € (cincocentos corenta e cinco mil cento sesenta e un euros con cincuenta e sete céntimos).

Aplicación orzamentaria: 12.05.313A.481.0.

Código do procedemento: BS306B.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras e o importe concedido relacionanse no anexo á resolución.

Lugo, 20 de febreiro do 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2017/001-2

Xaque Mate

G27336353

Asociación Cultural Xaquedrum

5.000,00 €

2017/002-2

Espazo de encontro e crecemento no tempo de lecer

G27013309

Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo

3.150,00 €

2017/003-2

Programa de ocio e tempo de lecer

G27202043

Asociación Síndrome de Down Lugo

5.000,00 €

2017/004-2

Tir na N’Og 2017

G27383785

Asociación Xuvenil Tir na N’Og

3.100,00 €

2017/005-2

Cervexa artesá, elaboración e posibilidades que ofrece no rural

G27491026

Asociación Savilemos

2.750,00 €

2017/006-2

Actividades para adolescentes- campamento multiaventura

R2701016D

Cáritas Diocesana de Lugo

5.000,00 €