Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 12954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal, revisión das alturas das ordenanzas, do réxime de fóra de ordenación e outros aspectos normativos, do concello de Cariño (expediente 2017AAE2120; código 2016/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 1 de febreiro de 2018, sobre a modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal, revisión das alturas das ordenanzas, do réxime de fóra de ordenación e outros aspectos normativos, do concello de Cariño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático