Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación da prestación do servizo de desratización, desinsectación e desinfección nos centros pertencentes á dita xerencia (expediente AB-EIL1-18-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou juan.francisco.insua.esmoris-recaman@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo de desratización, desinsectación e desinfección.

b) Descrición: servizo de desratización, desinsectación e desinfección nos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Tres (3) lotes.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro (24) meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): non procede.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

1º. Oferta económica: ata 60 puntos.

2º. Proxecto técnico: ata 10 puntos.

3º. Recursos humanos adscritos ao contrato: ata 8 puntos.

4º. Recursos materiais adscritos ao contrato: ata 6 puntos.

5º. Plan de seguimento e sistemas de control: ata 6 puntos.

6º. Melloras adicionais propostas: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: oitenta e sete mil trescentos sesenta euros (87.360,00 €).

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: trinta e seis mil catrocentos euros (36.400,00 €).

b) Importe total: corenta e catro mil corenta e catro euros (44.044,00 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis (6) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1-3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso):

12. Outras informacións:

Lugo, 19 de febreiro de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos