Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2018 Páx. 13010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da contratación dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia, suxeita a regulación harmonizada (expediente 4/2018/CNTSE).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 881 99 52 70.

5º. Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.gal.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o prego específico de cláusulas administrativas particulares (PECAP), o de prescricións técnicas xerais e particulares (PPTXeP) e o cadro de características do contrato (CCC), poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=281723

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa sinalada no punto 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: ten por obxecto a prestación de servizos consistente na execución das operacións de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos dependentes de Portos de Galicia que, para cada lote, se especifican no PPTXeP. Os licitadores poden optar a un ou varios lotes.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: o contrato divídese en 6 lotes, descritos no PPTXeP: lote 1, de Ribadeo ata Redes; lote 2, de Pontedeume ata Muxía; lote 3, de Fisterra ata O Son; lote 4, de Corrubedo ata Carril; lote 5, de Vilaxoán ata As Corvaceiras; lote 6, de Aguete ata Tui.

d) Lugar de execución/entrega: respecto ao lugar de execución dos servizos obxecto do contrato observarase o disposto para cada lote no PPTXeP.

e) Prazo de execución/entrega: trinta e seis (36) meses, con posibilidade de prórroga por doce (12) meses máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración das ofertas serán os establecidos nos números 14.1.A e B do CCC, que serán valorados segundo o disposto no número 14.2 do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 1.322.696,00 euros, IVE do 21 % excluído (equivalente ao orzamento de licitación e á eventual prórroga do contrato por 12 meses).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 992.022,00 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 208.324,62 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitivas: 5 % do orzamento de licitación de cada lote, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia polos medios descritos no número 9.3 do CCC, ou ben a través da clasificación substitutiva da solvencia, prevista no número 9.2 do CCC.

c) Outros requisitos de capacidade: os licitadores deberán cumprir todos os demais requisitos especificados no número 9.4 do CCC, así como aqueloutros indicados no PCAP, no PECAP e no PPTXeP.

d) Requisitos específicos que se exixen ao adxudicatario do servizo: os exixidos no número 9.5 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: 17 de abril de 2018.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás catorce (14.00) horas do día 17 de abril de 2018.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP (teléfono: 881 95 00 95; fax: 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.7 do PCAP e nos números 9 e 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica no número 12 do CCC. Deberán presentarse tantos sub-sobres A, B e C como número de lotes a que se opte.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: neste procedemento, os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPTXeP. Estas melloras poderán referirse aos aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da EPPG, praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central, polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte, e darase publicidade no perfil do contratante á data e á hora exacta de celebración do devandito acto.

Se por algún motivo hai que modificar a data de celebración dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario e serán repartidos, proporcionalmente, entre os distintos adxudicatarios de cada lote.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de febreiro de 2018

12. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1 do PCAP examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, se for o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia