Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 12 de febreiro de 2018 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2017000746 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01543, modificado nº 1 mellora da seguridade viaria da estrada PO-325. Treito: Nigrán do p.q. 8,650 ao 15,790. Clave: PO/07/045.06.2.m1 (refundido). Tm Nigrán.

Concello: Nigrán. Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CIV Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.

Beneficiario: CIV Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

José Luis Fariña Ante

María del Carmen Carriedo Villanueva

María José Barreras Larramendi e outra

María Teresa Barreras Larramendi

María Pilar Vázquez Rodríguez e outro

Marina Conde Rouco e outras

21.12.2017

21.12.2017

21.12.2017

21.12.2017

21.12.2017

21.12.2017

2017000752

2017000751

2017000750

2017000749

2017000747

2017000746

339 e 339-bis

334

333 e 333-bis

333-1

298-1

294 e 294-bis

38.923,36

24.949,08

38.870,38

36.284,49

12.982,41

22.651,91