Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12652

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen (100) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega (PR911A).

BDNS (Identif.): 387683.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios/as

Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen (100) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen (100) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2018 nunha universidade galega.

Cuarto. Importe

Esta convocatoria terá carácter plurianual e para a concesión destas subvencións destinarase un total de 860.625,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 –Bolsas de excelencia para a mocidade do exterior– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019, por importe de 500.000,00 euros para a anualidade 2018 e 360.625,00 euros para a anualidade 2019.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de maio de 2017 ás 24.00 horas (hora peninsular española).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración