Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación (PO 673/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 13 de febreiro de 2018, no proceso seguido por instancia de María Teresa García Villaverde contra Serlotrans 2000, S.L., rexistrado co número PO 673/2016, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 13 de febreiro de 2018, ditado no procedemento a Serlotrans 2000, S.L., en ignorado paradoiro.

«Providencia.

Maxistrada xuíza substituta: María Sánchez Galindo.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018.

Á vista do contido do escrito de demanda reitor e do contido de todos os documentos achegados con el no seu día (especialmente, do resultado do documento número 1 que se presenta coa demanda e que é o contrato de traballo da demandante), cómpre requirir a parte demandante, por un prazo de tres días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación desta providencia, para que acredite o lugar real e efectivo de prestación de servizos durante o tempo que mantivo a súa relación laboral coa empresa agora demandada, concretamente desde o día 4 de marzo de 2016 ata o día 3 de maio de 2016, con suspensión do prazo para resolver sobre o fondo (baixo a forma de sentenza)».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Serlotrans 2000, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza