Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración dun sistema de cromatografía iónica para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente AB-CON1-18-002).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º.Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

d) Número de expediente: AB-CON1-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dun sistema de cromatografía iónica para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: prazo máximo de entrega 45 días desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38432200-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Adecuación ao servizo de destino (resultado da proba do equipamento)

0-20

Tecnoloxía e características construtivas do equipamento

0-15

Modos de operación e interface de manexo do equipamento

0-15

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0-40

Período de garantía

0-5

Período de existencia de recambios

0-2

Formación

0-2

Actualización do software

0-1

4. Valor estimado do contrato: 80.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 80.000 euros. Importe total: 96.800 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos