Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de convocatoria dun proceso selectivo para prover unha praza de inspector de policía.

No Boletín Oficial del Estado número 3, do 3 de xaneiro de 2018, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2017 referente á convocatoria para prover unha praza de inspector de policía (escala Administración especial, subescala servizos especiais e clase policía local), procedemento selectivo: concurso por mobilidade, segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 228, do 30 de novembro de 2017 e número 242, do 22 de decembro de 2017.

No BOP da Coruña número 19, do 26 de xaneiro de 2018, publicouse anuncio de rectificación das ditas bases.

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de nova convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña, cando proceda en cada caso, e no taboleiro de edictos do concello.

Carballo, 22 de febreiro de 2018

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde