Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12469

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de xullo de 2015 pola que se publica o plan de estudos de mestrado universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

Advertido o mesmo erro en distintas liñas da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto de 2015, na páxina 34825 e na páxina 34829, cómpre efectuar a oportuna corrección.

No sumario (páxina 34825) (segunda liña) onde di: «Resolución do 24 de xullo de 2015 pola que se publica o plan de estudos de mestrado universitario en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos», debe ter a seguinte redacción: «Resolución do 24 de xullo de 2015 pola que se publica o plan de estudos de mestrado universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos».

No resolve (páxina 34825) (segunda liña) onde di: «Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos...», debe ter a seguinte redacción: «Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos...».

No anexo (páxina 34825) (segunda liña) onde di: «Plan de estudos conducente á obtención do título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos...», debe ter a seguinte redacción: «Plan de estudos conducente á obtención do título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos...». No anexo (páxina 34825) (terceira liña) onde di: «O título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos cumpre as exixencias...», debe dicir: «O título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos cumpre as exixencias...». No anexo (páxina 34825) (sexta liña), onde di: «profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos», debe dicir: «profesión de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos».

Na páxina 34829 (primeira liña) na epígrafe 4. Condicións de terminación, onde di: «Para obter o título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos...», debe dicir: «Para obter o título de Mestrado Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos...».