Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministración de material funxible de laboratorio para realizar análises de dioxinas (expediente 2018/1002).

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica- Sección de Contratación

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2018/1002.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: material funxible de laboratorio para realizar análises de dioxinas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Servizos de Apoio á Investigación (SAI).

1º. Domicilio: Campus Elviña.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 30 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 24000000-4.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

– Valor estimado do contrato: 64.000,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 64.000,00 euros. Importe total: 77.440,00 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do oitavo día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Dirección: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12:00 h.

2º. Apertura do sobre C: a Mesa de Contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e a hora no que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a prorrateo.

A Coruña, 23 de febreiro de 2018

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña