Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de limpeza das instalacións das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

A Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 1/2018-XTO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de limpeza das instalacións das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

b) Prazo de execución: 1 ano.

3. Procedemento e tramitación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: 76.835,00 €, IVE incluído (o importe do IVE é de 13.335,00 €).

5. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (s/IVE).

6. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: rúa Curros Enríquez núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 67 56. Fax: 988 38 67 27.

d) Así mesmo poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal.

7. Capacidade e solvencia das empresas; exíxese clasificación do grupo U, subgrupo 1, categoría 1.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro único de edificio administrativo da Xunta en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 67 27), e-mail ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez 1, 4º andar, 32003 Ourense.

b) Datas: a data e hora de apertura publicarase na plataforma de contratación con antelación suficiente.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 26 de febreiro de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131/2016, do 12 de xullo)
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense