Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de catro predios por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanse os interesados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2017/495-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5ª Planta (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Pombo

36049A024007410000KU

Salceda de Caselas

Pombo

36049A024001960000KZ

Salceda de Caselas

Caboceiros

36049A023002960000KP

Salceda de Caselas

Caboceiros

36049A023002950000KQ

Salceda de Caselas