Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada centro de seccionamento de Barreira, no concello da Laracha (expediente IN407A 2015/16-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial correspondente.
A Coruña, 21 de febreiro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/16-1.
Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Denominación da instalación: centro de seccionamento de Barreira.
Concello: A Laracha.
Predio |
Titularidade |
Enderezo |
Data de pagamentos |
Hora |
4 |
Descoñecida |
Ignorado |
19.4.2018 |
11.30 |