Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto, acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto refundido LAT 132 kV E/S na subestación Folgosa en Ribadeo, no concello de Ribadeo (expediente 005/2009 AT).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no BOE», mediante o presente anuncio, notifícase ao interesado, que consta no anexo, o acordo ditado por esta xefatura territorial en que se resolve sinalar o día 3 de abril de 2018, ás 12.00 horas, na Casa do Concello de Ribadeo, como lugar de reunión para o pagamento do prezo xusto dos predios situados nese concello.

Lugo, 20 de febreiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 005/2009 AT.

Entidade beneficiaria: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Denominación da instalación: refundido LAT 132 kV E/S na subestación Folgosa en Ribadeo.

Concello: Ribadeo.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

Data pagamentos

161

15

571

Descoñecido

3.4.2018

185

19

203

Pilar Albite Ledo

3.4.2018