1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 981 54 43 23.
5º. Telefax: 981 54 43 66.
6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.gal.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=281733
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do último día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 11/2018 M.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: dirección de obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT4 PI04.05. OE04.05.01.
c) Prazo de execución: 12 meses para a fase de execución das obras e 2 meses máis para os aspectos finais e posta en marcha desta, de acordo co establecido na letra E do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 71200000-0.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 63.612,14 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 63.612,14 €. Importe total: 76.970,69 €.
b) Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras K e L do seu cadro de características.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 19 de marzo de 2018 ás 19.00 horas.
b) Modalidade de presentación: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: admitiranse melloras segundo o establecido na cláusula 3.5.2 do PCAP. Non se valorará a redución de prazo.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
8. Apertura de ofertas.
a) Descrición: apertura pública.
b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.
9. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda