Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, do servizo de dirección de obra, dirección da execución e coordinación de seguridade e saúde da obra, control e seguimento ambiental e control e seguimento da explotación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (PLISAN) (expediente PLISAN/2017-ETAP-D.O.).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización das tarefas de dirección de obra, dirección da execución, e coordinación de seguridade e saúde da obra, control e seguimento ambiental e control e seguimento da explotación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) para a primeira fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (PLISAN), así como a dirección da explotación durante os primeiros tres anos.

b) Prazo de execución: a duración do contrato, por tratarse dun contrato complementario ao contrato de obras, será o resultado de incrementar a duración prevista do contrato de obras no prazo de garantía e explotación máis o tempo preciso para a redacción da liquidación.

Prazos de execución parciais: dirección das obras: dez (10) meses. Período de garantía e dirección da explotación da depuradora: doce (12) meses. Redacción da liquidación: un mes contado desde o remate do prazo de explotación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos trinta e dous mil euros (232.000 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e oito mil setecentos vinte euros (48.720 €).

c) Importe total: douscentos oitenta mil setecentos vinte euros (280.720 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

c) Concreción das condicións de solvencia técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos cales se deberá rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultar na páxina da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=273505 e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do 26 de marzo de 2018. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B (Proposicións técnicas) e do sobre C (Proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de febreiro de 2018

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo