Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de obras de construción de pantaláns para embarcacións de acuicultura no porto de Cabo de Cruz, suxeito a regulación harmonizada (expediente 3/2018/CNTOB).

1. Entidade adjudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 881 99 52 70.

5º. Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.gal

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=274431.

A documentación técnica (proxecto), o PCAP e o CCC tamén se poderán obter en:

– Copy Nino; rúa dos Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono 981 58 89 38.

– http://www.portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/infraestrutura

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa sinalada no punto 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a execución das obras de construción de pantaláns para embarcacións de acuicultura no porto de Cabo de Cruz axustándose aos termos definidos no correspondente proxecto, aprobado por Portos de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: porto de Cabo de Cruz (A Coruña).

e) Prazo de execución/entrega: dezaseis (16) meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios indicados no número 9 do CCC, de entre os recollidos na cláusula 3.6.2 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 5.996.221,33 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 5.996.221,33 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 1.259.206,48 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo F; subgrupo 7; categoría 5.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: non se exixe.

c) Outros requisitos de capacidade: non se exixen.

d) Requisitos específicos que se exixen ao adxudicatario das obras: os exixidos no PCAP.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día 13 de abril de 2018.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme ao disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP (teléfono 881 95 00 95; fax 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 3.5 do PCAP e nos números 6 e 13 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica na cláusula 3.5 do PCAP.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: non se admite a súa presentación.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central-polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte e darase publicidade no perfil de contratante á data e hora exacta de celebración do devandito acto.

Se por algún motivo houber que modificar a data de celebración dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de febreiro de 2018.

12. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 3.6.1.b).1 do PCAP, examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, a fin de que, se for o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia