Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución da obra pública hidráulica do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo (A Coruña), cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (clave OH.315.1107).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de Transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

Descrición e lugar de execución: colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo. Rianxo (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1107.

Orzamento base de licitación: importe neto: 5.372.177,41 euros. Importe total: 6.500.334,67 euros.

Prazo de execución (meses): vinte e catro (24).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 5 ou grupo E, subgrupo 1, categoría f.

Solvencia: só para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo non clasificadas en España cun importe mínimo de 3.760.524,19 euros.

CPV: 45232410-9.

3. Financiamento europeo:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos», prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos», obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga». Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo». Unha maneira de facer Europa.

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do Programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito á regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia: acreditarase mediante a clasificación indicada para o contrato ou mediante as condicións mínimas de solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e solvencia técnica coa relación das obras executadas co importe mínimo sinalado, para cada unha delas, nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 2 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax, correo electrónico ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme ao disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Dirección, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 17 de abril de 2018 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se publicará no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

10. Outras informacións:

– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada no cadro de características do contrato.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Admisión de melloras e modificacións contractuais previstas: poderanse ofertar melloras e prevese a posibilidade de eventuais modificacións contractuais nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, farase pública esta circunstancia no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

A Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia