Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12381

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación do servizo de conciliación da vida familiar, laboral e persoal deste concello.

De conformidade coa Resolución da Alcaldía do 23 de febreiro de 2018, e por medio deste anuncio, efectúase a convocatoria de procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, do servizo de conciliación da vida familiar, laboral e persoal do concello do Carballiño conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizos Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de conciliación da vida familiar, laboral e persoal, lecer e tempo libre durante as horas previas á xornada escolar e períodos vacacionais, destinado a nenas e nenos escolarizados, de 3 a 12 anos, do concello do Carballiño.

b) Lugar de execución: praza Maior, 1.

c) Prazo de execución: a duración do contrato será de dous anos (2) desde a súa formalización, con prórrogas anuais ata un máximo de catro anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base da licitación:

a) Importe: 69.316,65 euros (IVE incluído).

5. Garantía: provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Enderezo: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: O Carballiño, 32500.

d) Teléfono: 988 53 00 07.

e) Telefax: 988 53 00 08.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica: de acordo co establecido no artigo 75.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público, acreditarase polo volume anual de negocio e seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Solvencia técnica: de acordo co establecido no artigo 78.1 do TRLCSP, acreditarase mediante a presentación dunha relación dos servizos realizados durante os últimos cinco anos.

9. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: rematará aos quince días naturais (15) a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Documentación que cómpre presentar: a que se especifica na cláusula 12 de pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello do Carballiño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: ata a adxudicación definitiva.

10. Apertura de proposicións: deberá ser realizada pola mesa de contratación no prazo máximo dun mes, desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

11. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.gal

O Carballiño, 23 de febreiro de 2018

Francisco J. Fumega Piñeiro
Alcalde