Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12387

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración dun vehículo patrulla para a policía local, a través de arrendamento (expediente 39/17).

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 9.2.2018 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 39/17).

2. Obxecto do contrato: subministracion mediante arrendamento (renting) dun vehículo para a policía local do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 55.200 € (45.619,84 € máis 9.580,16 € en concepto de IVE); cun orzamento máximo mensual de 1.150 €/mes (IVE incluído) polo prazo de 4 anos.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de febreiro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa