Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 514/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 514/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Flora del Río Penedo contra Deus Creaciones, S.L. e outros, sobre despedimento, ditouse auto de aclaración de sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento de despedimento 514/2017.

Demandante: Flora del Río Penedo.

Letrada: Cristina Augusta Gómez Lozano.

Demandado: Deus Creaciones y otros.

Auto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2018.

Parte dispositiva.

Procede a aclaración da sentenza ditada no presente procedemento nos termos recollidos neste auto.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Punta Elaborada, Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus Rogelio Bodelo Pichel, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza