Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Parada de Sil

ANUNCIO das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Fondodevila (Parada de Sil).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Parada de Sil.

2. Obxecto do contrato: a execución das obras incluídas no proxecto de rehabilitación de 5 vivendas en Fondodevila.

3. Prazo de execución: 24 meses.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

5. Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

6. Orzamento base: 499.662,16 euros sen IVE. Orzamento total: 604.591,21 euros.

7. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si, 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información: perfil do contratante www.depourense.es

9. Data límite de obtención de documentación e información: o último día da presentación de proposicións.

10. Presentación de ofertas: o prazo rematará ás 14.00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

11. Lugar de presentación: concello de Parada de Sil, praza Campo da Feira, nº 1.

Parada de Sil, 16 de febreiro de 2018

Yolanda Jácome Rodríguez
Alcaldesa