Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro do 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2017/00191 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 5 de febreiro de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2017/00191

Morgan Joseph Joyce

561146203

AC-2015/00584

Itzel Cruz Tapia

G18125411

AC-2013/00050

Virginia Asunción Arregui Siota

Jorge Juan Souto Mariñas

32775065L

32779969R

AC-2013/00864

Yolanda Barrós Barros

53306271E

AC-2012/00107

Aldinei de Melo Ferreira

32925057M

AC-2012/01109

Juan Álvarez Fernández

34625564F