Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12051

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de febreiro de 2018 pola que se nomean membros do Consello Galego de Universidades.

Mediante Orde do 21 de novembro de 2013 (DOG do 3 de decembro), fíxose pública a composición do Consello Galego de Universidades.

O Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, regula a composición deste órgano colexiado e no seu artigo 5 na alínea h) do punto 1 establécese que formarán parte daquel, catro membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento.

Con data do 8 de febreiro de 2018, a Comisión 4ª de Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia procedeu á elección, designación e proposta de nomeamento pola expiración do período de mandato dos catro membros elixidos en 2013.

Os acordos de designación dos membros elixidos polo Parlamento de Galicia seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen os nomeará mediante orde da consellería, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e producirá efectos a partir desa data.

A duración do mandato dos membros do Consello Galego de Universidades de designación parlamentaria será de catro anos, e permanecerán en funcións desde a expiración do devandito período ata a toma de posesión dos novos membros.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear os seguintes vogais, como membros designados pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia a:

– Elisa Alén González.

– Senén Barro Ameneiro.

– José Carlos de Miguel Domínguez.

– Alba Nogueira López.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria