Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12092

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de febreiro de 2018 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 2 de decembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 15 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Santiago Valencia Vila como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Sabela Carballo Marcote, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, que figuraba como vogal suplente.

Terceiro. Nomear como vogal suplente a Manuel Tomás Fuertes Carballeira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda