Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 12031

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato dunha póliza de seguro de vehículos de motor.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato privado:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2017016077 (ref. 2459).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: contratación dunha póliza de seguro dos vehículos de motor do Concello de Ourense.

c) CPV: 66514110-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11.9.2017, 15.9.2017 e 15.9.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 120.000,00 euros (60.000,00 €/ano); este contrato non está suxeito a IVE.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización: 12 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Bilbao Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 99.600 euros para dous anos; este contrato non está suxeito a IVE.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións. Todo isto serve como motivación.

Ourense, 26 de xaneiro de 2018

Jesús Vázquez Abad
Alcalde