Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 12007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de xestión de visitantes e atención ao público dos servizos complementarios dos espazos expositivos da antiga sede do Banco de España e claustro de San Francisco, reservado a centros especiais de emprego.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2017001174 (ref. 2445).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de xestión de visitantes e atención ao público dos servizos complementarios dos espazos expositivos da antiga sede do Banco de España e claustro de San Francisco, reservado a centros especiais de emprego.

c) CPV: 98341130-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 24.7.2017, 27.7.2017 e 28.7.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 24.516,00 euros. IVE: 5.148,36 euros. Importe total: 29.664,36 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de novembro de 2017.

b) Data de formalización: 20 de decembro de 2017.

c) Contratista: Combina Social, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 21.441,28 euros. IVE: 4.502,67 euros. Importe total: 25.943,95 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa de conformidade cos informes que constan no expediente e que serven de motivación.

Ourense, 21 de decembro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde